Páx. 2-3
O 17 de febreiro de 1995 o Consello de Ministros aprobou o texto do "Plan Nacional de Recuperación de Solos Contaminados", de aplicación no periodo 1995-2000 e de incidencia ata o 2005. O plan presenta un inventario de solos contaminados así como de actividades potencialmente contaminantes, define as actuacións a levar a cabo sobre algúns dos espazos contaminados e a súa distribución entre as diferentes CC.AA.
Páx. 4
A revusta OCU-Compra Maestra publicou no seu recente número 183 os resultados dunha enquisa realizada entre os socios e socias sobre a opinión que a xestión do lixo e a limpeza das cidades merece aos consumidores.
Páx. 5-6
Tras o incumprimento dos prazos previstos, o COGAMA ven de constituirse en Compostela o pasado 6 de outubro. O seu presidente e conselleiro da Presidencia da Xunta, Dositeo Rodríguez, enunciou os obxectivos conque nacía COGAMA, nomeadamente debatir as liñas básicas da política ambiental da Xunta, ao parecer baseadas no consenso social e necesitadas de apoios unitarios, fuxindo do tratamento de problemáticas concretas ou particulares. Afirmou que pronunciarse sobre a realización de probas nucleares polo estado francés non era competencia do consello. Inclúese ademáis o artigo: "A Comisión Europea desenténdese do impacto ambiental da autovía do noroeste no Val do Neira".
Páx. 29
ADEGA plantéase contribuir a incrementar a concienciación da sociedade galega sobre o grave impacto ambiental de tipo local e planetario que o actual modelo de transporte conleva.
Páx. 30
- ADEGA distribuiu perto de 1000 acivros- A delegación de ADEGA de Boqueixón edita o seu primeiro boletín- Segundas xornadas agroforestais en Lugo- No mes de xuño vaise celebrar o Congreso Internacional sobre estratexias e práticas en educación ambiental.