Páx. 15-17
Percorrido polas paradas do roteiro Salnés- Xiradella, facendo fincapé nos recursos naturais e culturais máis salientables do entorno.
Páx. 18-26
A consideración indiscutible de que todo residuo é un recurso aproveitable debería presidir sempre a xestión de residuos. Sen embargo, é evidente a necesidade de acometer un serio plan de reducción en orixe, isto é, debe priorizarse a prevención sobre a reciclaxe, tal e como esixe o máis mínimo sentido común e incluso a propia doutrina e lexislación da UE.
Páx. 30-33
As cuantiosas inversións que o plan Cuiña requere para a súa implantación están a causar unha auténtica guerra entre as empresas que dispoñen de tecnoloxías de incineración ou participan na súa comercialización. Analízasen os custos de diverso tipo de esta forma de tratamento.
Páx. 34-35
O Parlamento galego aprobou recentemente a creación da denominada "ecotaxa", un imposto que vai gravar as emisións masivas de dióxido de xofre e nitróxeno que realizan na atmósfera algunhas grandes empresas ubicadas en Galicia. A acusación de que o obxectivo da Xunta ao establecer este imposto non era a de protexer o medio ambiente foi bastante xeral durante o debate previo.Inclúese ademáis un breve comentario de Xabier Labandeira, especialista en economía ambiental.
Páx. 36-37
Análise do impacto e problemas que suporía a construcción dun encoro nesta zona.
Páx. 38-39
O importante naturalista prusiano Humboldt (Berlín, Alemania, 1769-1859), autor de gran influencia entre os estudosos e afeccionados da Natureza do s.XIX, emprendeu en 1799, desde a A Coruña, unha salientable expedición a América. No artigo lémbrase a estancia en Galiza deste sobranceiro personaxe, da que en 1999 se cumpriran dous séculos.