Páx. 4
A iniciativa de ADEGA, 63 grupos de distintos países europeos téñense manifestado en contra do trazado proposto polo Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente no tramo que vai de Baralla a Becerreá, e que destruiría grave e irreversiblemente o Canón e o Val de Neira.Inclúese ademáis un artigo sobre o Sela.
Páx. 5
O Parlamento europeo ven de tomar en consideración a petición presentada por Manuel Soto, Pilar Barros e Esther Rodríguez en nome de ADEGA, pola que se denuncia o incumprimento da lexislación ambiental e o grave dano ecolóxico que as minicentrais hidroeléctricas están a causar no río galego.
Páx. 6
Os pasados 29 e 30 de abril tivo lugar en Santiago de Compostela a XII Asemblea anual da AGENG (Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galiza), que contou coa participación activa de 14 grupos vidos de todo o país e preto dun cento de participantes. O conferenciante invitado, Miguel Anxo Furado, falou sobre "A Costa e o Mar", un dos temas abordados pola Asemblea, que ademáis tratou outros muitos puntos, tanto relativos á problemática ecolóxica como a organización interna.
Páx. 7-9
O xénero Salix comprende unhas 160 especies, case todas leñosas, polo regular árbores e arbustos, que viven con preferencia nos países temperados do hemisferio boreal. Delas 27 son nativas da Península Ibérica e en Galicia, autóctonas ou naturalizadas, pódense atopar 10 especies distintas.
Páx. 10-11
A península do Barbanza, a meirande de Galicia está situada no extremo suroccidental da provincia da Coruña, entre a ría de Arousa e a de Muros-Noia. Nela pódese distinguir por un lado un cinto litoral moi poboado e polo outro a serra de Barbanza.O artigo fai referencia a un roteiro por esta última, facendo fincapé nos puntos máis salientables.