Páx. 29-31
Inclúense diversas actividades ou propostas de colaboración:- Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Santiago- Ecoloxía no cotidiano para estudiantes da universidade- Roteiros- Campaña de reciclado de radiografías- Educación Ambiental na Casa da Terra
Páx. 32-33
Inclúense dous artigos de opinión:- o primeiro, de Jesús Pereiras López, titulado "Os incendios de abril", analiza as causas de incendios recentes- o segundo artigo, de Antón Masa, titulado "Celulosas-Elnosa no banquiño de acusados", fai un repaso das últimas causas xudiciais nas que estivo implicada o complexo industrial de Celulosas.
Presentación de diversas obras de temática medioambiental:- Flora e vexetación das praias e dunas de Galicia, de Juan Rodríguez Oubiña e cols.- Catálogo da flora vascular galega, E. Niño Ricoi e cols.- El jardín de los pazos gallegos, espacio de recreo y fuente de recursos, Carlos R. Dacal e Jesús Izco
Páx. 1
Presentación do número da revista e índice de contidos.
Páx. 2
Análise da marcha en contra da incineración que se desenvolveu dende o treito que separa a Térmica de Meirama do centro urbano de Cerceda. Nela participaron, ademáis dos veciños e veciñas da zona, xente da Plataforma contra a incineración de Ordes e grupos ecoloxistas da Federación de Agrupacións Culturais Galegas, dos CAF, de Galiza Nova, da CIG, de CC.OO. e do BNG.
Páx. 3
Como noutros casos xa denunciados, os intereses que a administración pon en xogo á hora de construir ou mellorar as infraestructuras viarias non sempre coinciden coas necesidades das poboacións locais. Pero éstas a miúdo se converten en elemento de manipulación por parte de administración á hora de presentar os actuais plans de infraestructuras como imprescindibles para o país e para o seu desenrolo.