Páx. 26-27
Os escritos de Pedro Costa foron claves para dotar de argumentos ós movementos sociais ascendentes na orixe do ecoloxismo español. Cerna aproveita a súa visita por mor da loita dos veciños de Merza contra unha liña de alta tensión para facerlle unha entrevista. Ademáis inclúese un artigo de Manuel Soto Castiñeira, de título "Debate en Merza: efeito das liñas de alta tensión", relativa a dita problemática sinalada.
Páx. 28
Os landers ou federacións veciñais alemanas sospeitan que a industria privada só se fará cargo daqueles aspectos do tratamento dos residuos cós que se obteñen beneficios. Por elo, cumpre reflexionar sobre o papel de Unión Fenosa no Plano de Sogama.
Páx. 29
Artigo feminista que analiza varios aspectos relacionados có papel das mulleres galegas dentro do tecido económico:- a desigual participación de homes e mulleres- as preocupacións pola produción doméstica- a valoración económica do traballo doméstico.
Páx. 30
Artigo de natureza pacifista que analiza entre outros factores o concepto de obxección fiscal, que defende a decisión de non adicar parte dos impostos ós presupostos de Defensa.
Páx. 33-34
Receitas de cociña, encrucillado e xogo de pintar para os cativos dentro do dossier da revista.
Páx. 36-37
Na lexislación europea existe xa unha preocupación por regular, anque sexa mínimamente, os riscos de contaminación das augas por actividades agrarias. Na Galiza imos aínda algo por detrás no tema da concienciación e témonos que decatar de que o problema existe: o 54% dos pozos e manantiais non son potables.