CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 19-21
No 2022 cumpríronse 20 desde que un petroleiro fendía e afundía perante as nosas costas e liberaba a súa carga sobre o ecosistema natural e social de Galiza. O que aconteceu despois xa é historia, mais como lle foi á nosa natureza? Que fica por facer e que foi daquel chapapote?
CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 9-10
A Xustiza fai cambalear a política eólica da Xunta de Galiza a golpe de sentenza, por incumprir as leis de avaliaciónambiental e de participación pública. Á anulación definitiva do repotenciamento do parque de Corme e dosparques eólicos Serra do Iribio no Courel e Sasdónigas I e II de Mondoñedo, súmase a paralización cautelar dosproxectos Bustelo, Campelo e Monte Toural de Greenalia, que supoñen vitorias xudiciais históricas ao producirseantes do inicio das obras e ao sentaren precedentes favorables para as organizacións sociais e ecoloxistas queloitan contra a invasión eólica.
CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 5-8
O 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, e o 11 de decembro, Día das Montañas. Estas dúas datas volveron ser claves ao longo do 2022 na loita contra a invasión eólica en Galiza. O pobo mobilizouse masivamente baixo o lema “Temos alternativa! Por unha enerxía xusta e sustentábel. Por unha enerxía por e para o pobo” nunhas manifestacións convocadas pola Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 200 entidades repartidas por todo o país, entre colectivos e plataformas veciñais, ecoloxistas, culturais e sociais.
CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 22-24
Rafa Vilar (Cee, 1968) é escritor e foi voceiro da xestora nacional do ‘Nunca Máis’, a plataforma que xurdiu para reclamar responsabilidades medioambiental, xudiciais e políticas ante o desastre do petroleiro Prestige fronte as costas galegas. Cando se veñen de facer 20 anos daquela catástrofe que silenciou e tinguiu de negro o mar, Cerna conversa con el sobre a potente resposta cidadá que agromou naquela altura e as vivencias que resoan na memoria colectiva de todo o país.
CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 39-42
Os bosques de ribeira teñen unha gran importancia na regulación da dinámica hidrolóxica dos ríos, e serven tamén de indicadores do seu estado ecolóxico. Neste estudo avaliamos o estado do bosque de ribeira do río Barcés, o río que abastece gran parte da auga demandada pola cidade da Coruña. Identificamos os principais impactos que afectan ó bosque e propoñemos medidas de restauración e conservación.