CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 26-27
O pasado 11 de Xuño celebrouse na Diputación Provincial de Lugo o “Encontro de Escritor@s polo territorio” organizado por ADEGA dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio”. A xuntanza dunha ducia de autores e autoras galegas veciños todos eles de Lugo tiña unha inquedanza común: “O territorio galego relátase a través da literatura oral, da escrita e da súa toponimia e neste momento histórico está en perigo de extinción”, e “Se perdemos as palabras, a lingua e os nomes perdemos o territorio e as persoas”.
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 28-29
O pasado 4 de xuño desenvolveuse en Melide unha xornada dedicada a analizar o papel do monte galego como oportunidade sostíbel frente a crise. A actividade estivo programada conxuntamente entre ADEGA e a ORGACCMM (Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñaís en Man Común). O monte é algo máis que un conxunto de árbores e polo tanto temos que descubrilo, nestes momentos de crise, desde outras olladas. Con esta premisa desenvolveuse unha intensa reflexión que contou coa participación dun total de 17 relatores distribuídos en catro palestras e cun nutrido auditorio que confirmou a interese da sociedad polo noso monte.
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 31
O monte veciñal en man común (MVMC) ocupa 1/4 do territorio do país. Polo tanto, conseguir un monte veciñal multifuncional e sustentábel é defender o territorio. Pero non é posíbel un monte veciñal en man común vivo, multifuncional, equilibrado e sustentábel sen veciñanza comuneira ao seu carón e sen un medio rural vivo. As políticas europeas do medio rural non defenden o territorio porque até o de agora esixiron para a súa execución, única e exclusivamente, a rendibilidade económica, sen ter en conta a función social do monte.
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 32-33
En xuño, ADEGA presentou ante o ministerio fiscal unha denuncia penal contra o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, por presunto delito de prevaricación urbanística, desacato ao poder xudicial, contra a Facenda Pública e por desviación de poder. O motivo foi a aprobación polo Consello da Xunta do Plano Sectorial de Barreiros, a través do cal se pretende legalizar as licenzas outorgadas polo alcalde popular, Afonso Fuente Parga, en 2006 e que foran recorridas pola anterior Xunta por ser outorgadas en solos urbanos non consolidados ou que non contaban con servizos mínimos obrigados.
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 34-35
“É obrigatorio acadar un acordo polo cal a propiedade privada, non mingüe ou estrague os dereitos colectivos de dispormos dos servizos ecolóxicos, dependentes dunha xestión integrada do territorio”. Tendo presente toda a información científico – técnica desenvolvida nas últimas décadas, hoxe en día faise necesario ter unha perspectiva global e integrada da xestión do territorio.
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 36-37
Galiza é a primeira potencia mundial en producción e exportación de lousa. A explotación deste recurso leva asociada unha problemática ambiental moi específica e característica. O desproporcionado desenvolvemento do sector, a falta de criterios racionais no deseño e planificación das explotacións, unido á inexistencia de previsión ou planificación ambiental provocou que herdaramos unha complexa e problemática situación, non só ambiental e mineira, senón tamén social e económica. O estudo da explotación da lousa en Galiza dá como resultado que a situación ambiental destes coutos mineiros é irreversíbel, que non é posíbel a súa restaauración e que é inviábel economicamente a súa recuperación ou rehabilitación. É preciso, pois, un cambio de modelo na explotación das louseiras en Galiza, que se especifica neste artigo.