CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 14-15
A producción de enerxía eléctrica mediante o aproveitamento da forza do vento pasou de ser algo case anecdótico a converterse nunha actividade de grande importancia no noso país nun período moi curto de tempo. Desde o ano 1995 até a actualidade téñense instalado preto de 150 parques eólicos nos cumios dos nosos montes, localizados nun medio rural galego que conta con múltiples problemas. Baixo este contexto, o Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo e a Fundación Juana de Vega poñen en marcha un convenio de colaboración mediante o cal se pretende prestar apoio aos propietarios de terreos eólicos para mellorar os resultados dos procesos de negociación coas empresas promotoras de parques eólicos.
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 16-19
A conservación da biodiversidade é un dos maiores retos da nosa sociedade, non podemos permitirnos perder millóns de anos de historia evolutiva das especies e dos sistemas vivos do planeta, xa que de todo isto depende a nosa propia supervivencia. Os ambientes fluviais e mariños caracterizan grande parte da paisaxe galega e polo tanto albergan un amplo rango da diversidade do noso entorno. Un dos grupos animais máis diversos son os moluscos, que superan en número de especies aos mamíferos, aves, reptiles, anfibios e peixes. Nos ambientes mariños moitas das especies de bivalvos están máis integradas no noso coñecemento debido ao aproveitamento secular que existe sobre elas (ameixas, mexillóns, ostras, navallas...). Porén, as especies de mexillóns de auga doce son das máis descoñecidas da nosa fauna, a pesar de ser un dos grupos animais máis ameazados a nivel mundia
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 20-21
Galiza conta cunha extensa rede hidrográfica que atesoura unha valiosa riqueza natural non moi ben coñecida por gran parte dos galegos e galegas. Exemplo disto son dous dos seus habitantes máis ameazados sobre os que temos unha grande responsabilidade no que atinxe a súa conservación: a toupa de río e a náiade. Ambas especies posúen un percorrido evolutivo moi diferenciado, pero unha problemática de conservación común.
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 22-23
A bioenxeñería utiliza sobre todo sementes, plantas e comunidades vexetais, por si mesmas ou en combinación con materias intertes como pedras, terra, madeira, ferro ou aceiro como materiais constructivos, para acadar obxectivos técnicos, ecolóxicos, estéticos e económicos na restauración dos ecosistemas fluviais. Este tipo de técnicas manéxanse desde varias décadas en países europeos como Suiza, Alemaña, Australia e Italia con interesantes resultados, e tamén comezaron a difundir no Estado Español.
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 24
Podemos encontrala agochada nas ribeiras de moitos hábitats humidos, facendo autoestradas, entre a vexetación e comendo sen parar os brotes tenros das herbáceas. Coñecemos á rata de auga porque hai anos abundaba nas ribeiras dos nosos ríos; porén, hoxe está a desaparecer como moitas outras especies. O Proxecto Ríos participa nun proxecto da SECEM (Sociedad Española para la Conservación y Estudio de los Mamíferos) para inventariar esta especie e divulgar o seu valor ecolóxico e de bioindicador, coa finalidade de protexela para que a súa presenza non quede só na nosa lembranza.
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 25
Dentro da campaña por unha ordenación territorial sostíbel “Ponte no medio. Móvete polo territorio”, ADEGA organizou a xornada “Cultura e Territorio”, xunto co patrocinio de Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Neste acto, que tivo lugar na capital luguesa, destacouse o papel da tradición oral, da cultura e da arquitectura na planificación e deseño do territorio galego, así como instrumentos de creación de identidade propia que hai que protexer.