CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas
Páx. 40
Hai iniciativas empresariais que seguen un modelo de implicación social e de xestión responsábel dos recursos naturais e enerxéticos en todos os aspectos da súa actividade. Galopín, unha pequena empresa comprometida co desenvolvemento do medio rural, a defensa do medio e a valoración do patrimonio, é un bo exemplo disto.
CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas
Páx. 41
Os beneficios aportados polos animais á saúde son ben probados en todo o mundo. En Galiza, a asociación ANDREA, única no seu campo, leva traballando con asnos dende o 2005. Os traballos que se están a realizar son de estimulación psicomotriz e a estimulación emocional e de vínculos afectivos, dirixidos principalmente a persoas con algún tipo de discapacidade. Ademais, esta iniciativa aposta pola rehabilitación e a conservación do asno, especie en grave perigo de extinción.
CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas
Páx. 43
O pasado mes de febreiro o Proxecto Ríos e ADEGA realizaron unha serie de actividades ao abeiro do Día Mundial dos Humidais e do Ano Europeo do Voluntariado. A proposta consistiu na realización de actividades cos centros de ensino, así como nunha xornada de voluntariado ambiental centrada na eliminación de flora exótica invasora. A actividade desenvolveuse nas lagoas de Xuño e Muro, en Porto do Son.
CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas
Páx. 44
O Centro de Educación Ambiental (CEA) O Rexo está situado en Allariz, na estrada que discorre ao carón do Río Arnoia cara a Xunqueira de Ambía, na Parroquia de Requeixo de Valverde. Enclavado no corazón da Reserva da Biosfera Área de Allariz , artéllase como un instrumento de divulgación dos valores na defensa do equilibrio entre o ser humano e a natureza que a UNESCO promove para estes territorios, ao tempo que permite achegar a grupos e individuos aos valores medioambientais nun contorno privilexiado, no ámbito da actuación pictórica de Agustín Ibarrola coñecida como Ecoespazo do Rexo.
CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas
Páx. 46
Os boletus son un manxar cobizado en calquera gastronomía e facilmente recoñecibles grazas a súa carne branca. Saber identificar as especies, as súas características principais, o seu hábitat e os meses de colleita e como se deben recolectar é fundamental para evitar os perigos asociados coa recolección de fungos e para garantir a súa óptima continuidade.
CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas
Páx. 47
Aínda que o outono é a época do cogomelo por excelencia, na primavera tamén atopamos varios exemplares de fungos. E para os amantes de cogomelos que queiran consumir este produto durante todo o ano, empresas como Hifas da Terra realizan cultivos reciclando materiais vexetais e garantindo un produto ecolóxico e de calidade.