CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido
Páx. 20 - 21
Recorda o profesor Tomás Ramón Fernández, na súa xa clásica obra Manual de Dereito urbanístico, unha cita do libro branco inglés Land, cal é o quicio do fenómeno urbanístico como feito de relevancia social e económica. Sen reproducila na súa integridade, chega a referencia á súa primeira frase: “de todos os recursos materiais dos que se pode dispoñer nestas illas, o solo é o único que non se pode incrementar”. Evidentemente, a afirmación é esaxerada, mais non por iso deixa de ser certa. O urbanismo no Estado español ten tornado nun problema nos tempos modernos, a partir da época do “desarrollismo” económico, un problema ao que non somos alleos na Galiza e que, coma se fose unha árbore perversa, veu desenvolvendo ramificacións diversas, mesmo penais. E na base do problema está a concepción do solo como un produto susceptíbel de ser transformado sen outros condicionamentos que a definición dun proceso pouco menos que industrial. Pretendemos neste breve escrito reflexionar acerca do tremendo erro que tal entendemento supón e sobre as súas gravísimas consecuencias.
CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido
Páx. 26 - 28
Galiza segue a ter unhas comunicacións entre as súas zonas rurais moi precaria, só as cidades se conectan entre elas e coa península dunha forma axeitada, mentres o rural fica a distancias imposibles para o seu desenvolvemento óptimo, o que provoca o seu despoboamento e a emigración cara as cidades, a isto hai que sumarlle os plans dos curtos gobernos que rara vez cumpren uns prazos optimistas e que teñen en mente as masas de votos en detrimento das melloras que outros plans máis ambiciosos traerían a nosa terra, isto evitaríase cunha maior transparencia nestas concesións, máis a administración procura trabas para que isto non ocorra e o pobo non teña acceso a informacións sobre custes e rendibilidade destas infraestruturas.
CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido
Páx. 26 - 28
A nova Directrices de Ordenación do Territorio aprobada polo PP é un novo intento colonialista que procura o beneficio as grandes empresas da metrópole, con esta nova DOT e a supresión das axudas da consellería de medio rural do anterior goberno, o PP procura a privatización dos montes veciñais en man común, so lle falta un cambio xurídico, que será unha perda para os comuneiros e para toda a sociedade galega xa que este é un dos nosos trazos de identidade. A política do PP céntrase en situar os recursos do rural galego como un ámbito de lecer para as persoas de clase alta e como un recurso enerxético fomentando as plantacións de eucaliptos para o aproveitamento en 4-5 anos nas centrais de biomasa.
CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido
Páx. 29
Na primavera de 2010 comezou nas redes sociais un grupo co lema “Barreiros máis talento e menos crecemento”, unha crítica a sobre urbanización deste concello da mariña lucense que semella unha vila pantasma no inverno e desborda a súa capacidade na época estival causando cortes na luz e na auga debido a falta de capacidade no concello para facer fronte o alto crecemento da demanda destes recursos no verán cando a poboación se multiplica.
CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido
Páx. 30
En 2005 o concello de Lugo aprobou a construción dun impoñente edificio ao carón do parque de Rosalía, un espazo importante pola súa riqueza paisaxística, ecolóxica e medioambiental. Ante esta agresión xurdiu unha asociación contraria a edificación que en poucos días logrou 12000 sinaturas de apoio o que demostra que os lugueses se opoñen claramente a construción deste coloso nunha das máis importantes zonas verdes da cidade.
CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido
Páx. 32 - 34
A CE deixou a liberdade dos estados a posibilidade de apostar polo transxénicos ou rexeitalos o que vai comprometer a Galiza xa que a postura do estado español e claramente favorable a estes produtos inda que non o manifesten xa que é o estado con maior número de ha dedicadas a este tipo de cultivos. A PGA solicitoulle o goberno galego que declarara Galiza como territorio libre de transxénicos como xa teñen feito noutros lugares como a Illa de Madeira, o goberno galego non acaba de adoptar unha postura clara, so o BNG se comprometeu a apoiar a PGA para loitar xuntos contra a proliferación deste produtos no noso territorio e con propostas como a prohibición dos alimentos modificados xeneticamente ou alimentados con penso transxénico, nos centros escolares, hospitalarios e outros servizos rexidos pola administración do noso país.