CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación
Páx. 40
O río Eume ten dous encoros que traban o seu curso continuado, é o segundo encoro o máis prexudicial xa que secuestra a auga para abastecer a central térmica e deixou seco 3.5 km de río. A lei marca un mínimo que neste caso non se respectou por iso o colectivo ecoloxista AEMS Ríos Con Vida denunciou ante a fiscalía de Medio Ambiente estes feitos que xa duran 50 anos.
CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación
Páx. 42 - 43
A auga embotellada, maioritariamente en plástico, como sucede coas bolsas, está cada vez máis presente nas nosas vidas. Porén, non nos preguntamos do mesmo xeito polos custos ambientais asociados a ambos casos. A auga engarrafada en plástico é un crecente negocio que leva parello importantes impactos ambientais, sociais e mesmo económicos.
CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación
Páx. 44
A vaca loura con ese aspecto fero é un insecto inofensivo, un insecto ben coñecido, persoaxe do Entroido ourensán, que nos últimos anos vai diminuíndo xa que pon as súas larvas na madeira podre dos carballos, e claro, os carballos en Galiza son cada vez menos, as plantacións con especies de rápido crecemento e a concentración parcelaria colonizan os lugares onde antes proliferaba unha das máis típicas árbores de Galiza, polo que o escornabois ten máis difícil a súa presenza no noso territorio.
CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación
Páx. 45
O loureiro é unha árbore de folla perenne que medra en zonas húmidas, por iso se pode atopar dispersa polo territorio galego. O loureiro significou sempre algo glorioso, vitorioso, pero tamén ten usos medicinais ou culinarios, é unha árbore con bastante impacto na cultura galega cunhas características moi particulares como o seu verdor e porte.
CERNA Nº 60 - Sentenzas Xudiciais: Caso Rinlo
Páx. 8
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando “Recursos Cerna”. Consulta as nosas recomendacións desta edición.
CERNA Nº 60 - Sentenzas Xudiciais: Caso Rinlo
Páx. 9 - 10
O pasado 21 de novembro, ADEGA celebrou a súa XXXIV Asemblea Xeral baixo o lema “O Ecoloxismo, máis necesario que nunca”, na que fixo repaso das actuacións e actividades realizadas no pasado ano e sinalou as prioridades ou liñas estratéxicas para este 2010. Nesta edición, a organización tamén aprobou a nova composición da Directiva. Adela Figueroa, quen estivo ao fronte da asociación nos últimos catro anos, cesa do cargo de Presidencia que pasa a ser ocupado por Virxinia Rodríguez, ata o momento Secretaria Xeral de ADEGA. A nova presidenta asume esta responsabilidade coa “intelixencia, o compromiso e a independencia que ADEGA veu amosando desde hai 34 anos”.