Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

Entrevista a Joaquín Araújo

Entrvistado por Belén Rodríguez

CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación

Páx. 28 - 31

Joaquín Araújo é escritor, xornalista, guionista e director de cine, agricultor e divulgador dunha temática principal: a defensa da Natureza e a ecoloxía como única esperanza. Recibiu numerosos premios polo seu labor, entre os que destacan, o Premio Global500 da ONU no campo da ecoloxía, o Premio Nacional de Medio ambiente, Medalla de Extremadura ou Premio á mellor serie da historia da televisión por El Hombre y la Tierra, da que foi director. É autor de milleiros de artigos e varias ducias de libros como Todavía vivo, Los parques naturales, La muerte silenciosa, XXI: El siglo de la ecología, Cultivar la tierra, La Ecología contada con sencillez, etc. Foi director e guionista de máis de 200 documentais para televisión e varios programas de radio. Arestora segue a escribir, está a preparar catro novos libros, dá unha media de dúas conferencias semanais, elabora exposicións itinerantes, e é comentarista en Radio Nacional de España, Radio 5e Radio 3, e colaborador no diario El Mundo.

Diferentes perspectivas sobre a incidencia do cambio climático

Belén Rodríguez

CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación

Páx. 32

As xornadas dedicadas ao Día da Terra 2010 promovidas no Campus de Lugo por ADEGA e a USC remataron o 22 de abril cunha mesa redonda sobre o quecemento global e a súa percepción desde Galiza. Interviron Emilio Fernández, ecólogo da Universidade de Vigo,Dora Blanco, coordinadora da Oficina de Sostibilidade da USC e Jacobo Feijoo, membro de Unións Agrarias. O obxectivo foi coñecer como os variados sectores da sociedade afronta a problemática do cambio climático no país.

Os transportes e o cambio climático

Adela Figueroa Panisse

CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación

Páx. 33 - 34

O tren é o medio de transporte máis eficiente dos existentes, o que menos impacto causa, e o que menos gasto supón tanto na construción como no seu funcionamento diario. Nun país como a Galiza, cunha alta produción de electricidade, é incrible que en vez de apostar por este medio se teñan feito tantas estradas para vehículos privados e tan poucas liñas de ferrocarril. Está claro que as grandes industrias interesadas na venta de vehículos individuais e do petróleo influíron decisivamente nuns gobernos que non quixeron potenciar o tren. Así hoxe en día estanse a construír estradas de Lugo a Ourense e Santiago cuns custes dificilmente amortizables, nun momento en que os prezos dos combustibles comeza a ser moi alto para tódalas persoas non sería mellor fortalecer a rede de ferroviaria?

Hopen´ Haguen: Crónica da esperanza

Xosé David Allo Rama

CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación

Páx. 35

Esperanza, esta é a palabra que escollería para definir este Cumio do Clima. Eu, estudante de E.T.Forestal, traballador de incendios no verán e agora Erasmus en Praga, decidín sumarme ás mobilizacións de Copenhague a fin de semana do 11 ao 13 de decembro sen saber o que me atoparía por eses lares. Guiado non máis que pola busca desta esperanza que nos fai falla para motivar os nosos corazóns e seguir dando pasos na vida...

Montes sustentábeis. O gando ovino e caprino nos montes galegos

Antonio Cabana

CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación

Páx. 36 - 27

A presenza de ovellas e cabras nos montes galegos foi decrecendo constantemente, isto é prexudicial para os nosos montes, xa que contribúen a conservación do medio rural e a frealo despoboamento, manteñen superficies agrarias en bo estado, fan un aproveitamento sostible dos recursos e contribúen a valorar as actividades agrogandeiras e forestais e das súas producións. Para que se manteñan estes rebaños é imprescindible que a administración poña en marcha medidas encamiñadas a favorecer estas actividades, xa que agora mesmo están discriminados nas axudas, sobre todo a administración ten que favorecer plans que permitan a convivencia co lobo.

Xornada de formación de ADEGA: visitamos dúas plantas de compostaxe na Galiza

María Rodríguez Lafuente

CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación

Páx. 39

ADEGA organizou unhas xornadas de formación facendo dúas visitas a plantas de compostaxe, a primeira a empresa Ecocelta de Ponteareas e a segunda a Fertilizantes Lourido de Crecente. Nestas plantas explicouse o proceso que seguen para elaborar o compost e cales son as materias primas que usan.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal