Páx. 10
Este artigo recolle unha entrevista a Suzanne Lemmens, estudantes de veterinaria en Ultrecht, nos Países Baixos. Recentemente realizan prácticas de voluntarias no Refuxio de Bando en Santiago de Compostela.
Páx. 11
No parque do Xurés existen explotacións en extensivo como a de Fernando, un día aparecéronlle seis dos seus mastíns mortos, inmediatamente denunciou os feitos na sede do parque e do concello, máis non lle deron ningunha solución e dixéronlle que non podían facer nada. A cousa quedou así até que Fernando contactou con ADEGA que puxo denuncias nos departamentos pertinente e así rapidamente se comezou a investigalo caso.
Páx. 13
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.
Páx. 14
Preto dun cento de persoas participou na derradeira inauguración da exposición ART Natura, impulsada por ADEGA para sensibilizar crear conciencia sobre a defensa e conservación do medio ambiente entre toda a cidadanía galega a través das diversas formas da cultura.. Este acto de inauguración serviu tamén para dicir adeus ao percorrido deste proxecto que comezou na primavera de 2007 e que visitou varios concellos galegos entre os que están Santiago, O Carballiño, Lugo, Sigüeiro, A Coruña, Fene, Melide e Marín. ArtNatura rematou onde comezou, en Compostela. Foi o pasado 2 de setembro na Sala de Exposicións da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.
Páx. 15
Do grupo NOYA Automóbiles, Xesús Chenel Noya preside desde hai máis dun ano a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre de Santiago de Compostela. Este Polígono abrangue máis de 400 empresas relacionadas sobre todo co sector do motor, da construción, do transporte ou do metal e a madeira. Conversamos con el para CERNA, con motivo da exposición ArtNatura nos locais da Asociación que preside.
Páx. 16 - 17
Luís Díaz Cabanela, médico e ten un Mestrado en Toxicoloxía. Como Vogal de Saúde Ambiental de ADEGA, foi un dos primeiro en alertar dos perigos de manipular o chapapote durante a marea negra do Prestige. A incidencia da descarga do carbón no peirao de A Coruña, impacto do flúor na zona de San Cibrao, ou o impacto da urbanización na Costa galega son algúns dos traballos nos que se ocupa.