Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

Plan galego de acción fronte ao cambio climático 2008-2012

Emilio M. Fernández Suárez

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 31 - 33

O Plan galego de Acción fronte ao Cambio Climático (PGACC), constitúe a contribución de Galicia ao cumprimento dos compromisos adquiridos polo Estado español no ámbito do Protocolo de Quioto. O PGACC sitúa a Galicia entre as Comunidades Autónomas máis avanzadas na posta en marcha de accións contra este fenómeno global, xunto ao País Vasco, Cataluña e Andalucía que xa aprobaron os seus correspondentes plans de acción. A elaboración do PGACC é froito do traballo conxunto de todos os departamentos da Xunta de Galicia baixo a coordinación da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostíbel pertencente á Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel.

Uso da Enerxía Solar na UDC

Xesús Giz

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 34 - 36

As instalacións solares fotovoltaicas permiten a xeración enerxética distribuída. A posíbel localización dos paneis en cuberta, o potencial para a electrificación de lugares onde non chega a rede eléctrica, e a lonxevidade dos paneis fotovoltaicos son quizais os parámetros máis salientábeis desta tecnoloxía. A Universidade da Coruña (UDC) conta cunha instalación fotovoltaica de 7,5 kW no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC), en Elviña (A Coruña), e outras instalacións en fase de proxecto.

Núcleos piloto de sostibilidade, “Progresan Adecuadamente”

Belén Rodríguez

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 38 - 40

Foi no Cumio da Terra de Río de Janeiro onde se acadou o convencemento de que o modelo de desenvolvemento adpotado ata o momento polas cidades tiña que mudar cara a sostibilidade, é dicir, cara a outro modelo que conseguise preservar os recursos naturais sen prexudicar o desenvolvemento social e económico. O equilibrio de intereses entre estes tres factores, ambiental, económico e social está a ser o grande reto das actuais políticas sectoriais e globais do planeta. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostíbel da Consellería de Medio Ambiente é a encargada, no ámbito galego, de levar a cabo decisións e tomar medidas encamiñadas á consecución deste grande reto. Unha das medidas xa postas en marcha en Galiza desde o 2006 e que intenta trasladar ao eido local as premisas de carácter global foi a creación dos núcleos de sostibilidade.

Monte Cabalar: Cooperativismo e silvopastoralismo como instrumento de xestión do territorio

Fuco Xavier Barreiro Carracedo

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 42 - 44

Monte Cabalar é unha cooperativa de explotación comunitaria da terra que agrupa aproximadamente 3.600 propiedades de máis de 1.000 propietarios nunha explotación gandeira en extensivo con máis de 700 Ha de monte fechadas nas parroquias de Somoza, Tabeirás, Nigoi, Arca e Souto (concello d’A Estrada) co obxectivo de intervir sobre o abandono e o minifundio. Coa introdución do primeiro rabaño de cabras o 15 de decembro de 2005 iniciouse unha experiencia de xestión do territorio que vai configurando a nova paisaxe “Monte Cabalar”.

Montes da Estrada e Agolada: Proxectos de aproveitamento integral e protección

Frouma Forestal

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 45 - 46

Actualmente, o monte galego atópase en estado de abandono, iso é innegable. O abandono dos traballos tradicionais de explotación e xestión comunal do monte deron paso ao seu descoido ou a súa explotación intensiva mediante especies foráneas. É neste contexto cando nacen iniciativas, como as que está a levar a Asociación Forestal Furoma, intentan devolver ao monte o seus status e valor tradicional a través da plantación de especies autóctonas, o silvopastoreo, producións de cogomelos e froitos silvestres, aproveitamento de leña e creación de roteiros de sendeirismo, entre outros. Neste caso imos ver como exemplo o levado a cabo nos montes de Orazo (A Estrada) e en Trabancas (Agolada).

A madeira na restauración de vivendas: vantaxes ambientais

Adela Figueroa

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 47 - 48

Alternativa sustentábel nun momento histórico de crise. Modernidade na concepción das vivendas. Interrelación entre madeira, pedra e cemento; entre o mundo dos vivos e a morte presentada polas “urbanizacións especulativas”.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal