CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man
Páx. 12-14
A minaría a ceo aberto é unha actividade cun grave impactos sobre o territorio, o medio ambiente e sobre os distintos usos do solo. A actividade extractiva e de transformación dosrecursos xeolóxicos, particularmente a minaría metálica, consome tamén grandes cantidades de enerxía e auga e manexa substancias tóxicas que como o cianuro poden ter graves consecuencias para o ambiente a saúde das persoas. O alto prezo destas materias primas nos mercados internacionais pola demanda tecnolóxica fai moitas veces que e as técnicas de explotación e os métodos de extracción non sexan os mellores tecnicamente nin os que menos impactos producen, senón os que xeran menos custos e permiten un beneficio máis rápido ás empresas. Deste xeito, cando as empresas mineiras marchan deixan enormes pasivos ambientais e sociais que degradan o ambiente, deterioran a saúde e a calidade de vida das poboacións das áreas mineiras e impiden outros aproveitamentos económicos. Neste artigo, Fins Eirexas de ADEGA analiza estes impactos no caso concreto da mina de ouro de Corcoesto.
CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man
Páx. 15
Coincidindo case coa rapidísima Declaración de Impacto Ambiental positiva da Consellaría de Medio Ambiente para a explotación mineira de ouro pola compañía canadiana Edgewater Corporation, a SociedadeGalega de Historia Natural ( SGHN) tivo acceso a un artigo de investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e a Universidade de Vigo sobre os niveis de arsénico na bacía do río Anllóns. A información publicada en dito artigo é da maior relevancia para a rigorosa avaliación dos efectos ambientais da mina de ouro. As concentracións de arsénico disolto nas augas do río Anllóns aumentan 2,1 veces ao atravesara zona de arsenopiritas na zona mineira de Corcoesto até acadar os 3,96 microgramos/litro, achegándose ao límite inferior dos ríos europeos contaminados e á metade do máximo admitido para augas potábeis establecido pola Unión Europea, a Axencia de MedioAmbiente dos EEUU e a Organización Mundial da Saúde. Máis información, no interior do artigo.
CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man
Páx. 16-17
O profesor de Economía Aplicada na USC, Xoán R. Doldán, analiza as consecuencias da explotación da mina de ouro de Corcoesto desde un punto de vista socioeconómico. No seu artigo, explica como a Xunta de Galiza favorece os obxectivos empresariais, minusvalorando ou desatendendo os custes ambientais e sociais. Dá conta de como a Administración está a centrar a atención nos elementos positivos, sobredimensionándoos, nun contexto social degradado ou en crise, procurando conseguir maior aceptación social. Porén, segundo o profesor, os efectos da mina sobre a economía local poderían hipotecar o futuro da comarca, como se explica neste artigo.
CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man
Páx. 18-19
Na análise dos impactos da potencial mina de ouro de Corcoesto, recollemos a testemuña de 5 veciños e veciñas da comarca de Bergantiños afectados por este proxecto. De primeira man, relatan a súa situación e as consecuencias nefastas que a explotación aurífera de Edgewater suporía para as súas vidas. Recolle as testemuñas Carme Bardanca, membro da Plataforma en defensa de Corcoesto.
CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man
Páx. 20-22
As Terras Raras tamén se coñecen como o “ouro verde”, “ouro tecnolóxico” ou os “minerais do futuro”. Utilízanse na fabricación de coches eléctricos, motores en coches híbridos, aeroxeradores, leds, lámpadas de baixo consumo, pantallas de computadoras,teléfonos móbiles, etc. Tamén son elementos cobizados pola industria das armas. Este ouro tecnolóxico estase a converter na causa da chamada “Guerra do século XXI” entre China e os países occidentais. Agora a carreira mundial pola explotacióndas terras raras chega a Galiza, concretamente á Serra do Galiñeiro, onde unha multinacional surafricana solicitou permiso para investigar alí a presenza do recurso prezado. A continuación, imos afondar no coñecemento das Terras Raras cun experto no campo, o Doutor en Ciencias Xeolóxicas, Alfonso S. Gracia.
CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man
Páx. 24-25
A Iniciativa Lexislativa Popular a prol da redución, reutilización e reciclaxe en Galiza, e en contra da incineración, non pasou a aprobación do Parlamento galego. O PP votou negativamente e a oposición (BNG, AGE e PSdeG-PSOE) votou a favor. Pese a que non se acadou o obxectivo final, este artigo presenta a ILP como un símbolo de esperanza ante o a futura prohibición da incineración como principal tratamento dos residuos sólidos urbanos na Galiza. A Comisión promotora do texto lexislativo asevera que o esforzo mereceu a pena e que é necesario insistir e perseverar.