CERNA Nº 70 - Reforma eléctrica contra as enerxías renovábeis
Páx. 20-24
Neste artigo, preténdense dar algunhas pautas prácticas para evitar a acumulación de gas radon nas vivendas ou edificios rehabilitados ou de recente construción, así como medidas de eliminación do gas nas demais vivendas afectadas. Son técnicas que demostran a súa eficiencia en exemplos prácticos sinalados polo director do Laboratorio de Gas Radon de Galiza.
CERNA Nº 70 - Reforma eléctrica contra as enerxías renovábeis
Páx. 25-28
O aumento do uso das novas tecnoloxías desde finais do século XX é unha realidade estendida en todo o mundo que nos facilita en grande medida a nosa vida cotiá. Sen embargo, o emprego da tecnoloxía sen fíos non está exenta de polémica na maioría dos países onde amplos sectores das máis altas institucións de científicos de todo o mundo están atopando incrementos importantes de enfermidades leves e graves, e cuestiónanse se poden relacionarse co incremento notábel dos niveis de radiacións electromagnéticas (REM). A continuación, suxerimos unha serie de cuestións arredor desta problemática.
CERNA Nº 70 - Reforma eléctrica contra as enerxías renovábeis
Páx. 29-31
O xeólogo, Xoán Ramón Vidal Romaní, achéganos un pouco máis á nosa historia natural explicando de forma moi sinxela como se formaron as rías galegas; rías que, por certo, non son exclusivas en Galiza. O proceso xeolóxico no que se crearon as rías e que se iniciou hai 200 millóns de anos, hoxe en día presenta unha situación de fraxilidade ecolóxica. A isto tamén se refire o catedrático neste artigo.
CERNA Nº 70 - Reforma eléctrica contra as enerxías renovábeis
Páx. 32-35
En Galiza hai polo menos 521 especies exóticas inventariadas, a maioría delas de orixe terrestre. Pero, no mar, que sucede no mar? Alguén podería nomear unha soa especie exótica mariña? Existe un grande descoñecemento do número de especies exóticas mariñas e das alteracións que están a provocar sobre os ecosistemas nativos de Galiza. Este artigo ofrece algo de luz a esta incógnita.
CERNA Nº 70 - Reforma eléctrica contra as enerxías renovábeis
Páx. 36-37
Os Sobreirais do Río Arnego constitúen un espazo natural que está incluído dentro da proposta da Rede Natura 2000. Este espazo conta cunha superficie de 1.537 ha e localízase nos termos municipais de Agolada, Lalín e Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra. O sobreiral Zarra da Pena forma parte deste Lugar de Interese Comunitario e sobre el botaremos una ollada para coñecer algúns dos seus usos que definiron boa parte do seu estado actual.
CERNA Nº 70 - Reforma eléctrica contra as enerxías renovábeis
Páx. 38-39
Nas seguintes páxinas recóllese un resumo do traballo que durante seis anos un numeroso grupo de persoas, coordinadas polo Proxecto Ríos–ADEGA, ao abeiro do Programa de Voluntariado en Ríos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), desenvolveu nas beiras do río Tea. Máis de 300 voluntarios/as participaron nesta iniciativa que tivo como un dos seus principais obxectivos divulgar a problemática que as especies exóticas invasoras (EEI en diante) provocan sobre o medio ambiente en xeral e os ríos en particular.