CERNA Nº 71 - Outra xestión do lixo é posíbel
Páx. 23-25
As diversas especies de cetáceos odontocetos do Noroeste peninsular teñen unha área de distribución diferente, pero as súas similares características eco-biolóxicas, xunto coa limitada superficie da plataforma continental, fan que xurdan interrogantes respecto da convivencia e da relación entre as diferentes especies nun mesmo espazo. A convivencia ou coexistencia sería posible se tivese lugar unha segregación dos seus nichos ecolóxicos, evitando a competencia entre as especies polos recursos e polo hábitat, isto é o que se trata de comprobar con esta investigación da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), cuxos resultados se resumen neste artigo.
CERNA Nº 71 - Outra xestión do lixo é posíbel
Páx. 26-27
As organizacións integradas na Alianza Rural Galega (ADEGA, CIG, FRUGA e ORGACCMM) vimos de intervir na Comisión Parlamentar de estudo para unha nova lei do Solo. O texto que presentou a xunta para servir de base aos traballos menospreza o mundo rural galego, consagra a discrecionalidade e aposta polo modelo urbanístico que provocou a burbulla inmobiliaria.
CERNA Nº 71 - Outra xestión do lixo é posíbel
Páx. 28-29
O III Encontro Galego de Custodia do Territorio deseñouse coma un espazo para a aprendizaxe e o fortalecemento das entidades galegas que empregan a custodia do territorio como ferramenta de conservación da natureza e a paisaxe. Contou coa participación de profesionais dos sectores forestal, agrario e xurídico que analizaron distintos aspectos relativos á conservación do patrimonio natural e paisaxístico a través da custodia do territorio. Así mesmo, estiveron presentes expertos en Custodia do Territorio de ámbito estatal. O Encontro tivo lugar no Centro de Conservación e Estudo da Natureza Casa das Insuas de Rábade, os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro.
CERNA Nº 71 - Outra xestión do lixo é posíbel
Páx. 30
O pasado 25 de xaneiro de 2014, véspera do Día Mundial da Educación Ambiental, celebrouse en Santiago de Compostela o Encontro galego Educación Ambiental: novos escenarios, novas miradas, convocado pola Federación Ecoloxista Galega (FEG), o grupo de Investigación Pedagoxía Social e Educación Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela (SEPA) e a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA).
CERNA Nº 71 - Outra xestión do lixo é posíbel
Páx. 31
O pasado 9 de maio tivo lugar en Lugo o II Congreso Europeo das Terras comunitarias, continuador do fito histórico que supuxo a primeira edición en setembro de 2011, en Vila Real. No actual escenario de crise e desconfianza, ADEGA participou neste encontro instando a acción común entre ecoloxismo e áreas comunitarias. Nestes eventos, os nosos montes veciñais compartiron palestra cos baldíos portugueses, cos crofts escoceses e cos montes comúns italianos; todos eles fixeron visible a importancia das áreas comunitarias como oportunidade e alternativa ante un mundo rural en descomposición.
CERNA Nº 71 - Outra xestión do lixo é posíbel
Páx. 32-33
O Proxecto Soutos lévase a cabo desde o ano 2010 pola empresa Alibós Galicia S.L., en convenio coa Deputación de Lugo, para a promoción e desenvolvemento sostible dos soutos de castiñeiros e a comercialización da castaña, valorización ambiental, sociale económica dos recursos propios do medio rural. Prevé a rehabilitación de 25 hectáreas de soutos e 200 Ha de novas plantacións nas que incorpora a recollida mecanizada.