Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

O decaemento do ameneiro: distribución, danos e axentes patóxenos implicados

Jorge Martín-García e Julio J. Diez

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 17-18

A importancia ecolóxica dos bosques de ribeira é ben coñecida. Porén, ese hábitat sufriu graves perturbacións desde mediadosdo século pasado como consecuencia da regulación das bacías fluviais, se ben foi nas últimas dúas décadas cando o Estado español asistiu a un decaemento progresivo dos seus ameneirais. Esta patoloxía foi inicialmente atribuída ao patóxeno Phytophthora alni, o cal se estendeu por todo o continente europeo. Sen embargo, estudos máis recentes demostraron que outro patóxeno do mesmo xénero P. plurivora tamén podería estar implicado no decaemento das masas.

O ameneiro: problemática e posibles solucións achegadas pola biotecnoloxía

M. Carmen San José, Laura V. Janeiro, Elena Corredoira

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 19-21

Os bosques de ribeira encóntranse gravemente ameazados pola enfermidade da podremia da raíz e do colar dos ameneiros causada polo fungo Phytophthoraalni. A enfermidade, para a que de momento non se coñece solución, detectouse nas catro provincias galegas e témese que no prazo de 10-20 anos os amieirais dos nosos ríos poidan desaparecer. Mediante a técnica de micropropagación polo cultivo de xemas axilares e a embrioxénese somática, os autores propoñen solucións biotecnolóxicas a este grave problema.

As frondosas caducifolias, clave de futuro do monte galego

Manuel Míguez

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 22-23

As frondosas caducifolias poden ser tan rendibles como as outras especies forestais, aplicando principios de sustentabilidade, aproveitamentos multiproduto e novos procesos como a biorrefinaría.

A Fontiña das Laxes

Elisa Pérez

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 24

A Fontiña das Laxes é un exemplo de como ese eucaliptal que temos ao lado da casa, de escaso valor e fonte de riscos diversos como os incendios, pode ser transformado nun souto para o seu aproveitamento integral por toda a familia: leña, madeira, castañas, cogomelos, paxaros, sombra, xardín... Relátanolo Elisa Pérez, promotora desta transformación.

A nova praga do castiñeiro

Entrevista a Pedro Mansilla

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 25-26

O Dryocosmus kuriphilus é a nova praga do castiñeiro. Detectouse en maio de 2014 en Galiza e xa está estendida polas catro provincias galegas. Coñécese comunmente como a avespa do castiñeiro e procede de China. Pese á insistencia dos produtores de castaña galegos, polo de agora o Ministerio de Alimentación, Agricultura e Medio Ambiente non autorizou a solta do único parasito capaz de controlar a avespa exótica, o Torymus sinensis, á espera de que se determinen os efectos que estas soltas poderían ter no ambiente galego. A Estación Fitopatolóxica do Areeiro da Deputación de Pontevedra estase a encargar desta investigación. Entrevistamos ao seu director, Pedro Mansilla, para coñecer o impacto desta praga e a evolución do estudo que está a desenvolver sobre o seu control biolóxico.

Persoas, anfibios e enfermidades infecciosas emerxentes

Ramsés Pérez, César Ayres, Moisés Asensi

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 27-29

A propagación de varias enfermidades, denominadas enfermidades infecciosas emerxentes (EIE en diante), destacadamente o fungo quitridio (Batrachochytrium dendrobatidis) e os iridovirus (Ranavirus sp.), ten levado á extinción repentina a numerosas poboacións de anfibios, mesmo en lugares illados e ben preservados. Malia coñecerse relativamente pouco o modo de actuación do fungo quitridio e os iridovirus, é imperativo que toda a sociedade, incluíndo biólogos, investigadores, voluntariado ambiental e amantes da natureza, coñezan esta grave problemática e empreguen procedementos básicos de desinfección, para que se impida a propagación destes axentes patoxénicos durante as actividades e saídas de campo. Esta necesidade de información faise extensiva a outros grupos potenciais de expandir as EIE como poden ser os pescadores deportivos e os afeccionados ás actividades acuáticas. As entidades autoras elaboramos e difundimos este documento con tal propósito.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal