CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?
Páx. 26-28
No país dos mil ríos a sociedade galega ten a obriga de protexer, conservar e valorar os sistemas fluviais. O dano infrinxido durante décadas aos nosos ríos é, por desgraza, rico e diverso, polo que temos o deber ético de arranxar o dano feito. Desde algúns países cunha maior sensibilidade ecolóxica estanse poñendo en valor interesantes iniciativas que invitan a mudar o xeito de xestionar os nosos espazos fluviais. Pero é tamén preciso un cambio de paradigma como sociedade que axude a preservar estes espazos naturais tan prezados que son os ríos. Este cambio de paradigma afecta desde a propia definición de río, ata o xeito de percibir os seus riscos ou da súa funcionalidade na nosa calidade de vida.
CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?
Páx. 29-30
O Val fluvial do río Lourido, que divide parte dos concellos de Cabana de Bergantiños e de Coristanco (A Coruña), encerra uns valores ecolóxicos, paisaxísticos, culturais e sociais que amosan a súa especial singularidade. Se ben este val ía ser o depósito de balsas de lodos e de decantación no cancelado proxecto mineiro de Corcoesto, da multinacional canadiana Edgewater Exploration Ltd., o certo é que a sorte fixo que o seu destino continúe a ser o de abrigo e sostén dunha fauna e flora peculiar.
CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?
Páx. 31-33
No ano 2007 a Asociación Naturalista “Baixo Miño” (ANABAM) puxo en marcha o Proxecto Charaxes. O seu obxectivo era incrementar a área de distribución da bolboreta dos érbedos, Charaxes jasius. O ciclo vital da especie está ligado ao érbedo, a súa planta nutricia, escasa na comarca por ser unha especie tipicamente mediterránea. Ante o risco de que a única poboación coñecida da especie en Galicia desaparecese por causa dos incendios forestais, pretendeuse coa creación dun novo erbedal expandir a área de presenza da especie. En parte grazas a este proxecto, a día de hoxe confírmase a presenza dabolboreta dos érbedos en todos os concellos do Baixo Miño.
CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?
Páx. 34-37
Recentemente, vén de se facer público o resumo dos resultados dos censos do lobo elaborados polas comunidades autónomas habitadas por esta especie no Estado Español. Neste artigo analizamos os resultados destas estimas demográficas, sen esquecer a natureza do conflito que involucra a conservación do lobo, as posibilidades de desenvolvemento do medio rural e a sensibilidade de crecentes capas da sociedade urbana. Un conflito que, xaora, debe ser superado polo diálogo permanente e racional.
CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?
Páx. 38-39
Os océanos son o berce da vida no noso planeta e representan o hábitat máis diverso da biosfera. Namentres que a biodiversidade terrestre é ben coñecida, a exploración da biodiversidade dos ecosistema mariños está inda nos seusinicios. Neste artigo faise unha serie de reflexións sobre a importanciada biodiversidade en xeral e da biodiversidade mariña en particular e o papel que está a desenvolver o Grupo de Estudo do Medio Mariño (GEMM) no seu coñecemento en Galicia.
CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?
Páx. 40-41
No planeta existen 14 especies de tartarañas (ou máis, se atendemos ás novas revisións taxonómicas). Algunhas teñen grandes áreas de distribucióncomo a gatafornela (Circus cyaneus) ou a tartaraña das xunqueiras (Circus aeroginosus), mentres que outras viven en áreas moi concretas como a tartaraña das Illas Reunión (Circus mallardi). Trátase de rapinas de mediano ou pequeno tamaño, propias de hábitats abertos, isto é, non forestais, que aniñan directamente no chan. Se nos fixamos nestes dous sinais de identidade, teremosxa parte da chave do porqué as súas poboacións están en serio declive. Considerada como “Vulnerable”, recentemente vense de solicitar o seu cambio de categoría a “En perigo de extinción”. Vexamos por que.