Páx. 16-18
O val glaciar do Censa e o Pico Sacro, dous reductos de incalculable valor histórico, cultural e biolóxico están a ser obxecto de sendos atentados ecolóxicos, unha vez máis, debido ó sector industrial extractivista.
Páx. 5
Os polémicos proxectos de dúas fábricas de recollida e queima de aceite, ubicadas casualmente en zonas de especial importancia ecolóxica.
Páx. 19-28
Conservas Calvo ten a súa fábrica situada nas aforas de Carballo, na marxe dereita do río Anllóns, dedicada principalmente a conservas de atún. Nesta fábrica orixínanse grandes cantidades de augas residuais, na que o contaminante principal é a materia orgánica que contén. Para eliminar o contaminante, chegouse un acordo con Calvo para instalar na factoria un reactor piloto experimental.
Páx. 6-7
A Educación Ambiental na escola e no ensino medio é imprescindible, e moito máis se se deseña dun xeito participativo e se leva a cabo fóra da aula xa que determinados temas só se poden aprender no campo, en contacto directo co medio que nos rodea.
Páx. 29-34
A Comisión Galega de Medio Ambiente, dependente da Xunta, aprobou en Marzo de 1991 o Estudo de Impacto Ambiental presentado polos titulares do proxecto de celulosa kraft para As Pontes: a autodenominada Eurogalicia Forestal (EF). No acordo da Comisión recóllense as caracteríticas do proceso e fíxanse os topes máximos de emisión de contaminantes que lle serán tolerados a esta empresa.