Páx. 5
A obxección fiscal supón un acto de desobediencia civil, que consiste en negarse a pagar ao "Ministerio de Guerra" a porcentaxe dedicada aos gastos militares dentro dos presupostos xerais do estado. É unha forma de facer frente á actitude de conformidade pasiva co modelo de sociedade que nos impoñen e que permite soster este sistema de inxustiza legal.
Páx. 6
A nova PAC vai xerar labregos e labregas cada vez máis arruinados; unha alimentación cada vez máis cargada de residuos de abonos químicos, fitosanitarios ou hormonas; medio ambiente máis deteriorado; o medio rural cada día máis despoboado e as axudas estructurais para os países máis ricos e desenvolvidos.
Páx. 7
A situación dos incendios É certo que a política preventiva de incendios ten efectos positivos, pero nembergantes, esta política necesita unhas melloras e modificacións para baseala nas especies autóctonas caducifolias, onde se contemple a diversidade de usos do monte, e así silvicultura preventiva sexa práctica obrigada.
Páx. 8-9
Hai que considerar a importancia dos ecosistemas e non só o aumento da producción, sendo esta última a liña seguida polo pensamento agronómico-tecnicista-parcelario e a economía clásica, por iso é necesario mudar a dirección do actual modelo de desenvolvemento agrario.
Páx. 10-14
Un dos fenómenos de maior gravitación na economía internacional ao longo da última década foi a emerxencia do endividamento externo nos países subdesenvolvidos. Os bancos e países credores comezaron a comprar e vender os seus dereitos sobre as dividas do terceiro mundo a prezos de saldo, creando así un mercado alcumado secundario para tales dereitos.
Páx. 15-16
En ocasións a natureza non é tan intuituva como parece ser, é o caso da Lucanus Cervus, máis coñecida como vacaloura.