Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

ACTUALIDADE: Debate sobre o plan de RSU da Xunta

Redacción/CERNA

CERNA Nº 10 - -

Páx. 4-5

O Plan de acción comunitaria contempla accións que agora mesmo non contemplan o verdadeiro problema do lixo: o contaxio de enfermidades como a hepatite ou o sida. A administración acerca da futura planta icineradora incumpre a lexislación ambiental, ademáis atoparemos posicións a favor e en contra de dito plan.

Poema (contracapa)

Igor Iugris

CERNA Nº 9 - -

Páx. 42

ACTUALIDADE: O medio ambiente no parlamento

Redacción/CERNA

CERNA Nº 10 - -

Páx. 6-7

Cerna reflictirá nesta sección a actividade dos diferentes grupos parlamentarios no que atinxe ás súas propostas de conservación e mellora do medio natural. En base á documentación aportada, realízase unha valoración crítica dos contidos de ditas propostas.

AUGAS TERMAIS: Augas medicinais galegas. Unha historia ecolóxica

Fausto Galdo

CERNA Nº 10 - -

Páx. 8-10

A formación xeolóxica do chan galego, as terras máis antergas da Iberia, son as responsables da grande riqueza en fontes de augas mineiro-medicinais na Nosa Terra. Coñecidas desde sempre, foron utilizadas polos romanos, colleron pulo no século XIX para morrer pouco despois da Guerra Civil. Cambios estructurais de senso empresarial poden axudar a facelas retoñar adaptadas as esixencias da actualidade.

ACTUALIDADE: Tratamento de residuos sólidos urbanos: a chave do futuro

Manuel Soto Castiñeira

CERNA Nº 7 - -

Páx. 2-4

Este artigo deixa ver a deixación da Xunta no tocante ao tratamento de residuos sólidos urbanos. Seguidamente da a coñecer as plataformas existentes en contra da icineración e en prol da reciclaxe, ademáis existen diferentes colectivos que se opoñen ás icineradoras en europa, como unha asociación de médicos alemáns que se pronuncian en contra da icineración.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal