CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 16-17
A catástrofe do Prestige puxo de manifesto que a relación entre Galiza e o mar é intensa e non sempre feliz. A costa galega alberga un patrimonio natural de enorme valor e posúe recursos dos que depende unha parte importante da economía do país. Porén, o estado de conservación do litoral galego era preocupante xa antes do accidente do Prestige. Varios grupos de investigación da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, está a abordar diferentes estudos de grande interese ambiental e social.
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 18-19
As zonas profundas dos océanos son as últimas áreas relativamente virxes dos mares do Planeta. Unha campaña internacional demanda a declaración dunha moratoria sobre a pesca de arrastre en augas internacionais. Unha das principais frotas que practican este tipo de pesca é a galega, cuns 40 buques implicados. Como é sabido, a visita do buque de Grrenpeace MV Esperanza a Vigo en Novembro de 2004, cando viña de facer unha acción directa contra o pesqueiro de bandeira lituana e capital galego Anuva, motivou unha forte resposta das organizacións de armadores contra Greenpeace. Pola contra, as organizacións ambientalistas galegas ADEGA, CEMMA, FEG e SGHN apoiaron a campaña contra a pesca de arrastre en alta mar.
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 21-23
Aínda que Ferrol é unha das localidades máis eucaliptizadas do País, existen porén masas residuais dispersas de bosque atlántico en estado seminatural, predominando os carballos, os castiñeiros, os bidueiros e nalgún caso os acivros. Localízanse nas parroquias ferrolás de Serantes (Fraga de Menáncaro), de Leixa (Fragas da Pega e da Casa do Monte), da Graña (Fraga do Monte Fontelo) e de Covas (Acivreiral das Forzas). Cunha superficie reducida, contribúen a conservar a biodiversidade local e un anaco da paisaxe orixinal, nun municipio fortemente antropizado e cunha nesfasta xestión do territorio. Evitar o seu deterioramento e impedir que os intereses particulares nos priven destes bens comúns requere que o Concello de Ferrol decrete urxentemente a súa protección. Neste artigo apresentamos unha descrición das fragas residuais ferrolás e dos problemas que afectan á súa conservación, xunto coas actuacións de ADEGA-Trasancos para protexelos.
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 24-25
Desde hai tres anos, ADEGA ven desenvolvendo experiencias de compostaxe caseira en varios concellos galegos. O seu obxectivo e fiinalidade é a xestión dos residuos orgánicos domiciliarios sen necesidade de recollida nen transporte. Ao tempo, facilítase a súa conversión en fertilizante orgánico para a horta ou o xardín. A educación ambiental comunitaria é o elemento básico destes programas.
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 26-27
A certificación forestal é unha ferramenta de mercado, non gobernamental, para o fomento do uso sostíbel dos montes e dos bosques. Un dos sistemas de certificación existentes é o FSC. Non todos os sistemas de certificación forestal son iguais e só o FSC ten o apoio das principais organizacións ecoloxistas. O FSC promove en todo o mundo unha xestión forestal ambientalmente responsable, socialmente beneficiosa e economicamente viable. Optando preferentemente por produtos e empresas que acrediten ter o selo FSC axudamos á conservación e á explotación racional dos bosques.
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 28-30
Neste artigo analizamos a necesidade de poñer data de caducidade ás concesións franquistas sobre os bens e recursos , cedidos polo franquismo ao capital. Unha sentenza, anula a renovación de concesións a FENOSA no Ulla, tras moitas actividades de denuncia dos proxectos desta empresa sobre este río. Sumado a isto, as múltiples revoltas sociais, así coma un caso individual dunha persoa afectada polos encoros, que foi levado ao xulgado, deu pe á execución da sentenza. Argumentando no mesmo, aspectos coma o forte impacto ambiental das actividades ou o trato de favor excepcional que posúen Augas de Galiza cara a coporación Unión FENOSA. Analizamos o suceso.