Páx. 38-39
Segundo declarou James Lovelock nunha entrevista concedida á BBC en Xuño de 2004, o cambio climático, a forma de aquecemento global do noso Planeta, está xa instalado entre nós. O Painel Internacional sobre a Mudanza Clima´tica, a autoridade científica mundial na materia, mostrou que, ao analisar un período que abarca os últimos mil anos, apenas durante os últimos 150 o padrón do clima mostra un repentino aquecemento. No día de hoxe o dano é tan serio que "mesmo deténdonosa queima dos combustíbeis fósiles o aquecemento aínda iría continuar por outros 50 anos", asegura Lovelock, quen defende o recurso á enerxía nuclear para previr o cambio climático.
Páx. 40-42
Michael Meschik é Doutor Enxeñeiro e Profesor da Universität für Bodenkultur (Universidade de Ciencias da Terra) de Viena, Austria, concretamente no Institute for Transport Studies (BOKU-ITS). O obxecto das súas investigacións é a mobilidade e a súa relación co planeamento territorial. Unha destas liñas de investigación é a análise da bicicleta como modo de transporte urbano. Recentemente impartiu unah conferencia en Santiago de Compostela, coorganizada por ADEGA e o Departamento de Xeografía da Facultade de Historia da Universidade de Santiago. Aproveitamos a ocasión para conversar con el.
Páx. 15-16
Na actividade construtiva xéranse grandes cantidades de residuos. Mnetres a maior parte (75%) destes residuos son restos cerámicos, áridos e formigón, o restante 25% inclúe asfalto, metais, madeira, plástico, papel, lixo, e tamén diferentes materiais tóxicos e perigosos. Na Galiza, o destino principal dos RCD é aínda o vertido, uncludo o vertido incontrolado, emntres diversos países europeos superan o 80% de reciclaxe.
Páx. 17-18
ADEGA presentou un escrito á Consellería de Medio Ambiente solicitando que clarifique a situación anómala que se está a dar coa concesión irregular de permisos de pesca do salmón nos Coutos de Sinde, Couso e Ximonde, no río Ulla. Ademais, denunciou a situación na que se atopa a presa de Sinde, actualmente pechada, que pon en entredito o Plano de Recuperación dos Ríos e do Salmón Atlántico.
As galegas e os galegos temos unha débeda cos nosos ríos. Protexelos é amosar que queremos seguir sendo membros do país dos "dez mil ríos", para gozar da súa beleza natural, do sorriso das súas fervenzas, da súa riqueza biolóxica, do seu valor ecolóxico...
Páx. 21-23
O espazo natural de Trambolosríos está situado nos montes da localidade de Castrelo de Abaixo, no Concello de Riós, e fai límite ao leste co Parque Natural Portugués de Montezinho. A imponente paraxe xérase pola xuntanza das axitadas augas dos ríos Mente e Arzoá nunha zona de pronunciadas ladeiras soalleiras nas que se atopan cortados fluviais de lousas e xistos. É unha das zonas máis meridionais de Galiza, cunha climatoloxía mediterránea de montaña, traducíndose todo isto nunha chea de ecosistemas moi importantes desde o punto de vista paisaxístico e ecolóxico.