CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo
Páx. 24-25
Diferentes organizacións estanse á mobilizar no cernde de Galiza para salvar o espazo fluvial máis singular de toda a bacía alta do Ulla: as Torrentes de Mácara ou de Ramil, situadas entre os concellos de Palas, Antas e a Golada. Nun tramo de perto de tres quilómetros o río salva un desnivel duns 100 metros de altitude cunha serie contínua de fervenzas e rápidos de enorme beleza e que deben ser dos máis longos do País. Máis nons e trata só do río, senón que a topografía fragosa e inacesíbel determinou un ecosistema de ribeira ben conservado, onde son protagonistas árbores que están aquí no seu limite ambiental coma os érbedos, freixos, amieiros, salgueiros...
CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo
Páx. 26-27
Este roteiro sitúase no centro de Galiza, na zona máis occidental da Comarca da Ulloa, País do Alto Ulla como a denominou Otero Pedrayo, conformada polos concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. Os dous percorridos Ramil- Fradegas e Fradegas -Ramil que se describen aquí, xunto con outras variantes como Fradegas-Pambre, xa teñen dado a coñecer a centos de persoas este lugar único e irrepetíbel.
CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo
Páx. 28-29
ARTS é un proxecto de investigación do Quinto Porgrama Marco da Unión Europea, que trata de poñer en funcionamento novas e innovadoras formas de transporte rural en áreas de baixas densidades de poboación. Unha das experiencias, coordenada en Galicia pola Xunta de e a Universidade de Santiago , desenvolveuse no pasado ano 2003 con éxito na montaña ourensá, integrando os servizos de transporte escolar e regular de viaxeiros.
CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo
Páx. 30-33
Nos últimos anos estamos a asistir a unha explosión desmesurada da demanda de mobilidade que está a converter o transporte nunha das principais causas da crise ecolóxica global e nun dos problemas fundamentais da nosa sociedade. As consecuencias están á vista: efecto invernadoiro, contaminación acústica, atmosférica e do chan, perda de calidade de vida nas cidades, incremento da accidentalidade... Cómpre dar un xiro radical na forma de entender o transporte, aplicando criterios ecolóxicos e de sustentabilidade na súa xestión. Neste campo, a bicicleta ten demostrado a súa utilidade polo que é preciso recuperar o seu papel central na mobilidade.
CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo
Páx. 34-35
Certo é que lonxe estamos das imaxes nas que se acumulaba o chapapote por metros e km de costa, pero a situación actual segue a ser mala. A marea negra segue a tinguir as rochas, coídos e algunhas praias ano e medio despois. As consecuencias de calquera grande marea negra amósanse maioritariamente a longo prazo, co Prestige está a acontecer algo pronosticábel, como a diminución na taxa de reprodución e aparición de malformacións nos organismos dos niveis tróficos inferiores. A magnitude dos procesos de bioacumulación e danos subletais que se prevén para as especies de maior tamaño so se coñecerán máis tarde. Compre denunciar, por tanto, a ambigúidade dos informes dalgúns centros de investigación, sobre todo dos adscritos á Consellería de Pesca. Non podemos permitir que o esquecemento borre a necesidade de respostas á nefasta xestión da catástrofe do Prestige.
CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo
Páx. 38-39
A enerxía é un problema serio nos nosos días. Nos últimos vinte anos vivimos tres guerras causadas polo petróleo e as empresas enerxéticas cada vez teñen máis forza en todo o mundo. As Crises do Petróleo de 1973 e 1979 fixeron que os países pensaran no aforro enerxético e nas renovábeis coma unha solución para evitar a oleodependencia. A partir dos anos 90 os países con maior consumo comezaron a modificar as súas políticas enerxéticas, con intención de reducilo e promover o uso das enerxías renovábeis, pero estas políticas continúan a fracasar, situándonos diante dun futuro incerto.