Páx. 8
O colonialismo visíbel mutílate sen disimulo: prohíbeche dicir, prohíbeche facer, prohíbeche ser. O colonialismo invisíbel, en cambio, convéncete de que o servizo é o teu destino e a impotencia a túa natureza: convéncete de que non se pode dicir, non se pode facer, non se pode ser.Eduardo Galeano.
Páx. 9
A globalización do mercado pretende a extensión dun modelo de consumo baseado na explotación do medio e das persoas, é necesario desenmascarar estas redes e crear e apoiar outras novas que reduzan o consumo nos países desenvolvidos e fomenten un verdadeiro desenrolo sustentable que impida aos países ricos vivir con máis do que poden consumir.
Páx. 41-42
Coa anterior guerra do Golfo tivo lugar o maior vertido de cru da historia e os residuos tóxicos da guerra afectarán á industria pesqueira local por máis de 100 anos. O impacto ambiental das guerras non é un problema secundario, xa que supón roubar ao conxunto da humanidade un dos seus patrimonios máis valiosos: a diversidade biolóxica, a auga e a terra.
Páx. 43-44
Unha reflexión crítica para todos os escolares iraquís, orfos, mutilados, refuxiados, exiliados, sobrevivintes.
Páx. 45-46
Ocuparémonos nesta entrega e nalgunha das vindeiras, dunha figura pontevedresa algo esquecida pola nosa literatura: Xerardo Álvarez Limeses. Na súa obra, observamos un concurso e xornalismo literario, unidos a un fiel compromiso co país, tinguido dun aire modernista e católico. Mais tamén achamos moita sensibilidade con respecto da natureza. Analizamos as súas creacións.
Páx. 1-18
Diferentes autores e autoras narran dun xeito artístico e lírico a fatírica situación das nosas costas alén do Prestige.