Inicio / Números anteriores / O agro vivo ou aldeas baleiras, ideas para frear o...
CERNA Nº 95 - O océano, chave para frear o cambio climático
Páx. 39
No interior da Galiza, a paisaxe fala: aldeas con máis casas pechadas ou caídas que fume nas chemineas, hortas e soutos abandonados, leiras comidas polo mato que se converten en pólvora para os grandes incendios. Mentres tanto, nas cidades discutimos de transición ecolóxica, cambio climático e soberanía alimentaria coma se fosen conceptos desligados da vida cotiá do noso rural. Mais a verdade é sinxela e incómoda: sen labregas e labregos, non hai país que resista.