Inicio / Números anteriores / Plataforma Ulloa Viva: sine die nas portelas da esperanza
CERNA Nº 91 - Transición ecosocial xusta
Páx. 9-11
Antes de mergullármonos nas orixes da oposición cidadá ao proxecto de construción dunha macrocelulosa impulsadopola pasteira lusa Altri en Palas de Rei, pido licenza para nomear a bisbarra afectada como Terra do Medio,topónimo acuñado polo escritor aqualatense e melidao Xosé Vázquez Pintor para referirse, xustamente, a esacerna xeográfica da Galiza que constitúen “A Ulloa, Terra de Melide, Tabeirós, O Deza... Eran ferrados de labradíoe monte manso; arcas de centeo, cabaceiros de millo, parroquias de subministración, casas paridoras con nome eapelidos que se daban á fuxida cando a fame era moita e a noite longa, sine die nas portelas da esperanza. Somosda Terra do Medio”.