Inicio / Números anteriores / ADEGA volta ao Parlamento Europeo para denunciar o...
Páx. 30
O pasado mes de maio, membros da equipa técnica de ADEGA convidados polo grupo Verdes-ALE tivemos a oportunidade de participar na audición que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo celebrou en Bruxelas para avaliar o estado de cumprimento da Directiva de Hábitats. Por parte da Comisión Europea (CE), órgano que supervisa o cumprimento das normas legais europeas, pasouse revista á situación xurídico-administrativa da RN2000 en canto ao seu grao de cumprimento, así como aos procedementos de infracción abertos en relación coa aplicación da Directiva de Hábitats e Aves.