Inicio / Números anteriores / Ti podes paralos!, un fito no ecoloxismo galego
Páx. 35-37
A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos! logra reunir os fondos necesarios para recorrer vía contencioso-administrativa no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza un total de 26 proxectos eólicos que, de chegar a instalarse, causarían danos irreversibles sobre o medio ambiente e o patrimonio de Galiza. Trátase dun fito histórico ao que hai que sumar os éxitos xa acadados nos tribunais por parte de ADEGA fronte ao macropolígono Campelo-Bustelo-Monte Toural e o parque Serra do Iribio.