Inicio / Números anteriores / As montañas como fontes de vida
Páx. 38-39
As montañas sempre formaron parte da vida das persoas. Antes observadas dende a distancia e frecuentadas unicamente por pastores, hoxe en día son visitadas por todas aquelas persoas que gozan do aire libre. As montañas nunca foron máis accesibles ca neste momento. Con todo, o cambio climático é unha realidade que afecta a todo o planeta, e as montañas caracterízanse por seren uns dos sitios onde o seu impacto se reflicte con maior claridade.