Inicio / Lousame, un vertedoiro ou un centro de xestión...
02/11/2016
Logo dos proxectos de vertedoiro de Trazo e Ordes, chega o proxecto do "Centro de xestión ambiental" de Lousame, o terceiro vertedoiro máis grande en dimensión de Galiza e que estaría colocado a carón da planta de compostaxe do Barbanza. ADEGA alegou contra a autorización ambiental deste proxecto por considerar que o agocha un gran macrovertedoiro no que o 80% dos refugallos non recibirían ningunha clase de tratamento e irían a vertido directo.