Inicio / Cara a liberalización da biomasa e dos cultivos...
17/10/2016
ADEGA e a Federación Ecoloxista Galega presentan alegacións contra unha planta de biomasa en Curtis, en tramitación, que excede o límite de potencia establecido pola lei vixente. As entidades ecoloxistas consideran este proxecto como a antelasa do modelo de plantas de biomasa que no futuro pretende favorecer a Xunta de Galiza: sen límites de potencia e baseadas nos cultivos enerxéticos, predominantemente de Eucaliptus nitens, de plantas exóticas e crecemento rápido.