Inicio / Lugo acolle o principal foro estatal sobre...
21/09/2016
Galiza era unha cita pendente da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE). Desde hoxe ata o venres a SEAE celebra o seu XII Congreso no Pazo de Feiras de Lugo. Máis de 130 comunicacións e ducias de mesas de discusión conformarán este foro integral sobre agroecoloxía, alén de ir acompañado da I Feira agroecolóxica de Lugo "NaturaLugo". Coñecemos os contidos deste encontro do Director da SEAE, Víctor Gonzálvez.