Inicio / Os vertidos e os vertedoiros de Sogama, na picota!
19/09/2016
ADEGA revela documentos da consultoría de Sogama nos que se constatan que a empresa de residuos leva cando menos cinco anos incumprindo os límites legais de contaminantes dos refugallos que verte en Areosa e noutros vertedoiros do país. O colectivo ecoloxista asegura que esta suposta fraude está relacionada coa proxección de novas instalacións de vertedoiros en Galiza, como a de Trazo ou a de Ordes, onde existe unha gran oposición veciñal contra estes proxectos.