Inicio / Os cabaliños de mar nas costas galegas
29/06/2016
A través do proxecto Hippoparques estanse a estudar as poboacións de cabaliño de mar no parque nacional das Illas Atlánticas. Este proxecto trata de determinar o estado de conservación desta especie nos fondos mariños do espazo protexido e semella que alí atopan un hábitat particularmente propicio. O coordinador do proxecto dá conta dos seus resultados neste espazo e cales son as súas condicións de vida.