Radio CERNA

Radio CERNA

Inicio / Uns 400 xacementos arqueolóxicos da Mariña, en...

06/06/2016

Uns 400 xacementos arqueolóxicos da Mariña, en perigo por mor do eucalipto

[00:10:00]   [5.74 MB]

A industria do eucalipto está a alterar, non só a biodiversidade, a paisaxe e a calidade do solo galego, tamén está a poñer en perigo o noso patrimonio histórico-cultural e arqueolóxico. ADEGA e Mariñapatrimonio chaman a atención sobre a ameaza que supoñen os labores forestais relacionados co eucalipto na Mariña lucense para os bens arqueolóxicos da comarca. Só nos últimos meses veñen de denunciar ata 40 casos de castros, mámoas, abrigos paleolíticos e outros xacementos que foron destruídos ou danados pola maquinaria pesada do sector forestal. E ligan esta ameaza cunha nova vaga eucaliptizadora, que está á súa vez vinculada coa prórroga de ENCE e a súa estratexia produtiva de futuro.


Descargar
Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal