Inicio / O proxecto Zas-Santa Comba: a nova ameaza da...
14/03/2016
"Isabela II" é como se chama o proxecto de exploración mineira que o Grupo M-FM2001 solicitou na Xunta de Galiza para buscar ouro e outros minerais estratéxicos na comarca da Costa da Morte. Afectará aos concellos de Zas, Vimianzo, Coristanco e Santa Comba. A rede Contraminacción e os vexiños da comarca presentaron centos de alegacións contra esta primeira fase de procura dos minerais. Pero o que máis temen é o que virá detrás deste permiso de exploración. De autorizarse unha mina de ouro na zona, veríanse afectandos varios centos de explotacións gandeiras.