Inicio / A mina de feldespato de Xinzo, unha ameaza para a...
04/03/2013
Os proxectos da minaría emerxente non son os únicos que constitúen a nova era do sector en Galiza. Outros proxectos extractivos de minerais máis comúns están a constituírse como ameaza de zonas agrogandeiras de Galiza tremendamente produtivas. É o caso da Limia, que agora se enfronta aos intereses dunha empresa castellonense que pretende explotar feldespato na zona onde se produce o 90% da pataca con indicación xeográfica de Galiza.