Inicio / A CEMMA en Indemares e o Banco de Galicia
07/02/2013
No programa anterior versabamos sobre o proxecto Indemares, que trata de identificar as áreas mariñas do Estado con potencialidades para ser protexidas como Rede Natura. De Galiza só participou neste proxecto a CEMMA, como entidade asociativa sen ánimo de lucro. Hoxe coñecemos cal foi o seu papel en Indemares e que foi o que atopou na área a protexer máis próxima a nós, o Banco de Galicia.