Inicio / Protexer o cabalo salvaxe para conservar o lobo...
09/07/2013
Unha Tese doutoral ofrece relevantes datos sobre a relación presa-depredador do poni ou cabalo salvaxe e o lobo en Galiza. É o primeiro traballo que afonda na ecoloxía do garrano e que analiza a súa situación actual. O garrano ou cabalo salvaxe galego é único no mundo e, sen embargo, a súa poboación está a esmorecer de xeito continuado e acelerado. Neste programa escoitamos as explicacións da súa autora, Laura Lagos.