Inicio / Boletín informativo ambiental 25/09/26
24/09/2026
Un informe interno da Xunta recoñece "riscos irreversíbeis" na ría de Arousa derivados da mina de cobre de Touro e O Pino. E na Limia, a Xunta recoñece tamén agora que a contaminación das augas ten unha orixe “significativamente agraria” e prohibe novas explotacións gandeiras intensivas e ampliacións das xa existentes na comarca. Varias entidades ecoloxistas piden á Xunta apoiar a catalogación do salmón atlántico como “En perigo de extinción” no conxunto do Estado, despois de que o Comité Científico validase a proposta para incluír a especie no Catálogo Español de Especies Ameazadas. O Concello de Muros paralizou cautelarmente unhas obras na zona intermareal de Punta Abelleira tras a denuncia de ADEGA, ao comprobar que non contaban coas autorizacións pertinentes. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Tracks: Route 66 / Mechanical
Music by https://www.fiftysounds.com