Inicio / Boletín informativo ambiental 31/07/26
30/07/2026
Galiza entra un ano máis na época de máximo risco de incendios forestais cos deberes sen facer. A Xunta volve adiar a declaración das zonas vulnerables á contaminación por nitratos e acumula xa 26 anos de demora no cumprimento da normativa europea. A campaña de micromecenado "Río Rato sen cemento", impulsada por ADEGA-Lugo para recorrer nos tribunais o plan urbanístico previsto nas nacentes do río Rato, reúne os primeiros 6.000 euros en menos dun mes. Todo isto e máis, en Radio Cerna!