Inicio / Boletin informativo ambiental 07/07/23
07/07/2023
A campaña de ADEGA contra a depredación eólica xa acada os 70.000 euros de recadacións solidarias para que a organización ecoloxista galega recorra nos tribunais máis de 30 macroproxectos eólicos autorizados en abril pola Xunta de Galiza e que exercen graves danos ambientais e sociais no territorio. Ante a caída continuada de proxectos eólicos a golpe de sentenza, o sector amosa o seu nervosismo e acusa ao TSXG de crear inseguridade xurídica. Tamén ADEGA xunto con Mariña Patrimonio descobren castros e mámoas sen inventariar na poligonal do P.E. do Picato en Lugo que nin Xunta nin empresa incluíron na avaliación ambiental do proxecto. Por outro lado, nesta semana aprobouse a nova lei de ordenación do litoral de Galiza e o Supremo desestimou os recursos de casación do Concello de Pontevedra e do EStado contra o fallo que aproba a permanencia de ENCE na ría de Pontevedra ata 2073. Coñece a actualidade ambiental e ecoloxista da última semana con Radio Cerna!