Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

22/05/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Guía sobre internet para asociacións

Manuel Casal Lodeiro, experto en internet, propón a elaboración dunha guía sobre o manexo da rede para as organizacións sen ánimo de lucro. Casal cre que esta publicación sería unha ferramenta de axuda imprescindible para obter eco social a través de internet. Só queda unha semana para apoiar esta iniciativa na plataforma verkami.

21/05/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Que queda tras do rexeitamento da ILP de residuos?

A ILP a prol a reciclaxe rexeitada polo Parlamento é o punto final da loita en Galiza contra a incineración e a favor de xestións alternativas? Non. Os grupos promotores da ILP teñen previsto tomar novas iniciativas para conseguir mudar o modelo de tratamento dos residuos en Galiza nesta longa carreira de fondo.

20/05/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

O debate da ILP de residuos no Parlamento galego

Foi o martes da semana pasada. A ILP  a favor das 3 erres (rdución, reutilización e reciclaxe) non foi aprobada no Parlamento por mor dos votos do PP. Neste espazo escoitamos as intervencións do grupo popular nas que xustifica a súa negativa á ILP e tamén as dos demais grupos parlamentarios, que si apoiaron esta iniciativa lexislativa do pobo.

16/05/2013   [00:10:00]   [5.75 MB]

III Concursos polo territorio de ADEGA

O colectivo ecoloxista ADEGA convoca unha nova edición dos Concursos de fotografía, relato e curtametraxe polo territorio. Esta terceira edición enmárcase no programa "Cultura e Territorio" que pretende poñer en valor e fomentar o coñecemento do noso patrimonio ligado ao territorio. O prazo para a presentación de orixinais rematará o 1 de novembro.

15/05/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

As utilidades das algas na cociña e na medicina

As algas son abono, alimento, cosmética e medicina. Hoxe imos coñecer as súas propiedades como alimento e medicina da man dun experto en algas, Xacobo de Toro, que vén de impartir un curso de algas no equipamento de educación ambiental de Alvarella.

14/05/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

O modelo pontevedrés de mobilidade. Referente europeo.

Pontevedra conseguiu converter a súa política de mobilidade urbana nun referente para varios países de Europa. Vén de recibir o premio europeo Intermodes de mobilidade sostible e xa está citado a participar en diversos foros internacionais sobre mobilidade. Coñecemos cal é o segredo deste éxito co concelleiro de Infraestruturas de Pontevedra, César Mosquera.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal