Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

30/12/2016   [00:10:00]   [5.77 MB]

Boletín informativo ambiental 30/12/16

Rematamos o ano facendo repaso das novas ambientais máis destacadas dos últimos días de 2016. Feliz Ano!

28/12/2016   [00:10:00]   [5.75 MB]

A industria galega, pese a non medrar, contamina cada vez máis

Malia que a industria galega só representa o 5% da industria máis contaminante de todo o Estado español, as súas emisións contaminantes colocan a Galiza no segundo posto de comunidades que máis emisións de gases efecto invernadoiro produce á atmosfera e no cuarto posto en todo o Estado de vertidos contaminantes á auga. Por riba, nos últimos anos as principais industrias galegas aumentaron considerablemente as súas emisións, sen que ningunha administración lles estea a poñer límites. O experto en contaminación atmoférica, Ramón Varela, considera que xa é tempo de establecer medidas, prazos e investimento para frear a contaminación das grandes industrias galegas.

26/12/2016   [00:10:00]   [5.77 MB]

Pontevedra: Premio Soft Mobility ou de Mobilidade Amable

Pontevedra vén de recibir un premio máis ao seu modelo de cidade. Trátase do premio Soft Mobility ou de Mobilidade Amable outorgado pola cidade chinesa de Shenzhen dentro do cumio euro-asiático de cidades verdes ou intelixentes. Entrevistamos ao alcalde de Pontevedra, Fernández Lores, para coñecer en que criterios de mobilidade se sostén o exitoso modelo urbano da cidade do Lérez.

23/12/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 23/12/16

Na véspera da fin de semana de Natal, ofrecémosche nun resumo de 10 minutos as novas de Galiza desta semana máis destacadas sobre ecoloxía e medio ambiente. 

21/12/2016   [00:10:00]   [5.75 MB]

Por unha faixa de protección contra os lumes para os petróglifos

O colectivo compostelán A Rula pide ás admiinistracións que subministren maior amparo á arte rupestre de Galiza a través da lexislación, obrigando a establecer unha faixa de protección ao redor dos petróglifos. A intensificación da industria forestal dos últimos tempos e a incidencia dos lumesnos montes galegos están a situar este tipo de patrimonio no  peor dos seus momentos. As previsións de extensión do eucalipto nitens agudiza a urxencia da toma de medidas. Por outro lado, as contas da Rula desmonta a tese, ás veces trasladada á opinión pública polas administracións públicas, de que é imposible protexer todo o patrimonio cultural que temos no monte galego.

19/12/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Os cultivos enerxéticos e a biomasa: a nova ameaza do territorio galego

O monte galego e, por extensión, o total do territorio galego enfróntase a unha nova ameaza ambiental e socioeconómica provocada pola aposta do goberno autonómico pola biomasa e os cultivos enerxéticos con especies exóticas de crecemento rápido, como o bambú, a acacia ou o eucalipto nitens. ADEGA alerta das consecuencias da liberalización do sector en Galiza e da inxente cantidade de superficie que as empresas da biomasa precisarán para poder planta e queimar en ciclos curtos. 

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal