06/02/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
A responsable da consulta mongráfica de asbestose no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, Carme Diego Roza, fala para Radio Cerna para explicar as conclusións da súa tese de investigación, a primeira que trata en todo o Estado a relación entre o amianto e o cancro de pulmón e pleura. En concreto, a súa análise céntrase na comarca de Ferrol e nos extraballadores dos estaleiros de Astano, os máis afectados polo contacto con este mineral. O número de mortes ou patoloxías derivadas do conctacto co amianto en Ferrolterra é difícil de calcular, pero o 70% dos antigos empregados de Astano poderían estar afectados.
03/02/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece as novidades que deixou esta semana no eido ambiental galego, aquí, en Radio Cerna!
01/02/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
A pasada fin de semana, o concello lugués de Friol viviu unha das batidas de lobo máis rocambolescas que se teñan dado en Galiza. Saldouse cun can morto, confundido cun lobo, e ameaza con ter unha segunda parte. Neste espazo de Radio Cerna, analizamos o acontecido coa entidade ecoloxista ADEGA e achegamos a valoración dos feitos do alcalde de Friol, Xosé Ánxel Santos Sánchez. O acontecido promoveu a campaña ecoloxista contra novas batidas de lobos en Friol a través de Avaaz.org. Preme aquí para acceder a ela.
Programas relacionados: O lobo, autor ou vítima do conflicto?
30/01/2017 [00:10:00] [5.73 MB]
O arquitecto vigués Alexandre Mouriño desenvolve unha proposta de rede ciclista para a cidade de Vigo, deseñando unha traza de máis de 50 quilómetros de vías ciclistas que evita pasar polas pendentes máis pronunciadas. Mouriño tamén crea unha ferramenta informática que permite medir a aptitude ciclista de calquera vía urbana en función de varios criterios, non só topográficos.
27/01/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
As novas ecoloxistas e ambientais de Galiza desta semana están recollidas neste espazo de Radio Cerna. Non as perdas!
25/01/2017 [00:10:00] [5.73 MB]
Aparecen as primeiras reaccións ao documento borrador das Directrices da Paisaxe de Galiza, agora en exposición pública, ata o mes de marzo. Colectivos como O Petón do Lobo, Cova Crea, Arco Iris ou Amigos/as dos Bosques xa as cualificaron de paripé, timo ou instrumento desproteccionista, etc. Critican que non se poña límites ás minas a ceo aberto, aos parques eólicos, ás liñas eléctricas ou á eucaliptización nas novas áreas de especial protección paisaxística.