13/02/2017 [00:10:00] [0.00 KB]
O Observatorio da Sostibilidade analiza o rexistro nacional de emisións de 2015 (o último) para sinalar aquelas industrias que máis inciden na mudanza climática no conxutno do Estado, pero tamén por comunidades autónomas. Tan só 10 empresas en España son responsables do 70% das emisións contaminantes fixas e que favorecen o cambio climático. Endesa destaca nesta lista. Galiza ocupa o terceiro posto estatal das principais comunidades contaminantes polas súas centrais térmicas, fundamentalmente.
10/02/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
A sentenza de Catasós, a moratoria do eucalipto de Portugal ou a praga da pataca, algúns dos temas da actualidade ambiental que repasamos neste boletín informativo de Radio Cerna....
08/02/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
A Universidade de Vigo vén de publicar un estudo que ratifica os efectos negativos das plantacións de eucaliptos na biodiversidade dos ecosistemas fluviais, nomeadamente na diversidade de macroinvertebrados e na disposición de recursos hídricos. Os regos ou regatos son os ecosistemas fluviais máis castigados polas plantacións masivas de eucaliptos e poden chegar a secar se non se establece unha franxa mínima de bosque de ribeira. O director desta investigación, Adolfo Cordero Rivera, explica neste espazos como se chega a estas conclusións.
06/02/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
A responsable da consulta mongráfica de asbestose no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, Carme Diego Roza, fala para Radio Cerna para explicar as conclusións da súa tese de investigación, a primeira que trata en todo o Estado a relación entre o amianto e o cancro de pulmón e pleura. En concreto, a súa análise céntrase na comarca de Ferrol e nos extraballadores dos estaleiros de Astano, os máis afectados polo contacto con este mineral. O número de mortes ou patoloxías derivadas do conctacto co amianto en Ferrolterra é difícil de calcular, pero o 70% dos antigos empregados de Astano poderían estar afectados.
03/02/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece as novidades que deixou esta semana no eido ambiental galego, aquí, en Radio Cerna!
01/02/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
A pasada fin de semana, o concello lugués de Friol viviu unha das batidas de lobo máis rocambolescas que se teñan dado en Galiza. Saldouse cun can morto, confundido cun lobo, e ameaza con ter unha segunda parte. Neste espazo de Radio Cerna, analizamos o acontecido coa entidade ecoloxista ADEGA e achegamos a valoración dos feitos do alcalde de Friol, Xosé Ánxel Santos Sánchez. O acontecido promoveu a campaña ecoloxista contra novas batidas de lobos en Friol a través de Avaaz.org. Preme aquí para acceder a ela.
Programas relacionados: O lobo, autor ou vítima do conflicto?