Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

13/03/2017   [00:10:00]   [5.75 MB]

Connecting desde A Coruña: Rexenerar as cidades desde a Natureza

A Universidade da Coruña participa, xunto con outras 28 entidades, no proxecto europeo Connecting, que intenta impulsar un novo modelo de cidades baseadas en criterios sostibles e nos mecanismos da Natureza. A instituciíon galega será a encargada de establecer os parámetros de avaliación dos resultados deste proxecto que pretende ter eco internacional e que se desenvolverá nos vindeiros anos. Dentro deste marco, A Coruña será a única cidade do Estado que participará deste proceso de "naturalización" sobre o que nos fala Adina Dumitru da UDC.

10/03/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 10/03/17

Neste espazo facemos repaso das noticias desta semana máis relevantes no eido ambiental e ecoloxista galego.

08/03/2017   [00:10:00]   [5.75 MB]

ADEGA demonta mitos sobre o lobo en Galiza

Ante a proliferación de certos mitos sobre a situación de conservación e xestión do lobo en Galiza, ADEGA publica un informe no que desmente gran parte dos argumentarios que, na súa opinión, só contribúen a agravar a conflitividade social e o odio contra a especie. O colectivo tamén propón unha serie de medidas para minimizar esta conflitividade e ao mesmo tempo non atentar contra a especie. Entrevistamos ao autor do informe e volga de biodiversidade en ADEGA, Martiño Nercellas.

06/03/2017   [00:10:00]   [5.75 MB]

Proxecto Ríos 2016: malos resultados para o bosque de ribeira

O informe de Proxecto Ríos do ano 2016 revela que se mantén unha tendencia negativa no estado de conservación do bosque de ribeira dos ríos analizados polo voluntariado fluvial. Neste espazo avaliamos este e outros parámetros medidos polo voluntario galego en 140 ríos durante o ano pasado.

03/03/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 03/03/17

Coñece a través deste espazo cales foron as novas ambientais e relativas á contorna galega máis relevantes desta semana...

01/03/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Resultados extraordinarios no porta a porta de San Sadurniño

Recoller o lixo domiciliario "porta a porta" xa non é unha utopía. O concello de San Sadurniño está a demostrar, coa colaboración de ADEGA, que este modelo é o máis económico, social e ecolóxico sobre todo para aquelas zonas rurais de difícil acceso ou coa poboación moi dispersa. Tras dous anos de experiencia, o concello dá conta dos resultados, que sos máis satisfactorios do agardado, non só no plano ambiental, senón tamén no económico e social.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal