Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

10/04/2017   [00:10:00]   [5.73 MB]

O eucalipto en Galiza a debate (I)

Radio Cerna trasladas algúns dos argumentos expostos na Xornada sobre o eucalipto nas Terras do Miño organizadas a finais do pasado mes pola Deputación provincial de Lugo. A estas xornadas, que xeraron grande expectación, acudiron membros da Universiadade, do sector forestal, ecoloxistas, gandeiros, comunidades de montes, investigadores, etc. para reflexionar sobre a situación do eucalipto no país e as súas implicacións sociais, económicas e ambientais. Aquí mostramos unha primera parte.

07/04/2017   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 07/04/17

Escoita en Radio Cerna que aconteceu esta semana no terreo ambiental de Galiza!

05/04/2017   [00:10:00]   [5.75 MB]

As claves da crise do sector leiteiro en Galiza

Diego Gómez Méndez é autor do estudo "O sector lácteo en Galicia: dinámica recente e perspectivas nun mercado liberalizado". Esta investigación foi recentemente premiada co galardón "Jesús García Calvo" que concede o IDEGA xunto coa Fundación Feiraco. A través desta análise aproximámonos ás claves das causas da crise leiteira pola que atravesa Galiza e ás recomendación que o autor fai para fortalecer o sector. 

03/04/2017   [00:10:00]   [5.73 MB]

Comunix: oportunidade para a xuventude dos montes veciñais

A cooperativa Trespés enceta este ano por primeira vez o proxecto Comunix, unha iniciativa enmarcada no programa europeo Erasmus +, que trata de achegar a xente nova aos montes veciñais en man común. O obxectivo principal deste proxecto é enfrontar o desvínculo que a día de hoxe a mocidade ten con este tipo de propiedade colectiva, única en Galiza e Portugal.

31/03/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 31/03/17

Este venres, fai un repaso pola actualidade ambiental galega con Radio Cerna!

29/03/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

A resina dos piñeiros: un aproveitamento con visos de futuro

Recentemente constituíuse en Galiza a Asociación de Resineiros Galegos (AREGA) co  obxectivo de poñer en valor e promover o aproveitamento da resina dos piñeiros como recurso ambiental, económico e social. A recuperación desta vella práctica, perdida nos montes do sur, alá polos anos sesenta, volta en pleno século XXI para agromar como alternativa a outros usos do monte menos sostibles. 

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal